Noticias do Valdetires F.S.F.

Non te perdas ningunha novidade - Páxina 3

Segue toda a información relacionada co Valdetires F.S.F., o teu equipo de fútbol sala feminino en Ferrol.

MANU LOMBARDIA   -  ADESTRADOR- 24 Xul

MANU LOMBARDIA - ADESTRADOR-

24/07/2026 Equipo

 Un ano máis, o noso proxecto seguirá tendo a Manuel Lombardía aos mandos do temón. O seu traballo, dedicación e compromiso foron fundamentais para seguir facendo medrar ao Valdetires Ferrol, e estamos moi felices de continuar este camiño xuntos unha tempada máis. Con Manu no banco sabemos que seguiremos competindo coa máxima ilusión e ambición. VAMOS VERDES! 

Ler máis

SUZAN BEZERRA    - GARDAMETA- 24 Xul

SUZAN BEZERRA - GARDAMETA-

24/07/2026 Equipo

 Un muro máis para a nosa portería. A experiencia, a seguridade e a ambición de Suzan Bezerra únense ao noso proxecto para afrontar unha nova tempada chea de ilusión.  Ao longo da súa traxectoria conquistou títulos en Brasil e España, foi recoñecida en varias ocasións como unha das mellores gardametas das competicións nas que participou e chega a Valdetires despois de seguir sumando éxitos nas últimas campañas. Estamos convencidos de que o teu talento e a túa personalidade farán medrar ao equ...

Ler máis

LUIS LÓPEZ     - PREPARADOR FÍSICO - 24 Xul

LUIS LÓPEZ - PREPARADOR FÍSICO -

24/07/2026 Equipo

 Se algo funciona, non hai por que cambialo. Hai persoas cuxo traballo non sempre se ve durante os partidos, pero que son imprescindibles para que todo funcione. Luis López seguirá un ano máis formando parte do noso corpo técnico como preparador físico, achegando a súa profesionalidade e coidando de que o equipo dea sempre a súa mellor versión. É unha ledicia seguir contando contigo nesta familia. Imos por outra tempada xuntos. 

Ler máis

MALE PELLEGRINO  24 Xul

MALE PELLEGRINO

24/07/2026 Equipo

 Despois de toda unha vida ligada ao Meigas FS, unha nova historia comeza. Male Pellegrino decide apostar polo noso proxecto e chega a Valdetires Ferrol para afrontar esta nova etapa defendendo a nosa camiseta. Moitas ganas de verte desfrutar connosco e de achegar todo o teu talento nesta casa. Benvida ao Valdetires, Male! 

Ler máis

MARIÑA CASTRO 24 Xul

MARIÑA CASTRO

24/07/2026 Equipo

 Unha das promesas do noso deporte faise realidade e chega a Valdetires Ferrol para afrontar unha nova etapa na súa carreira. Mariña chega á nosa casa con moitas ganas de seguir medrando e achegar todo o seu talento ao equipo. Esperamos que os teus éxitos sexan os nosos. Benvida ao Valdetires, Mariña! 

Ler máis

DANY DOMINGOS  24 Xul

DANY DOMINGOS

24/07/2026 Equipo

Internacional absoluta con España, campioa de Europa e posuidora dun dos palmarés máis destacados do noso deporte, con máis de 20 títulos ás súas costas, chega ao noso club para afrontar unha nova etapa na súa carreira. Despois de máis de vinte anos competindo ao máximo nivel, Dany inicia unha nova etapa no Valdetires Ferrol, onde achegará toda a experiencia acumulada ao longo dunha carreira inigualable. Grazas por confiar no noso proxecto. Benvida á túa nova casa 

Ler máis