O noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol

O noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol

Presentámosvos ás xogadoras de Segunda División Nacional do Valdetires F.S.F.

O primeiro equipo do Valdetires F.S.F.

O noso primeiro equipo de fútbol sala feminino en Ferrol conta cun total de 15 xogadoras. Elas son a base do noso club e as encargadas de representar os valores tanto do Valdetires F.S.F. como do fútbol sala feminino en xeral en cada un dos partidos. O adestrador é Manu Lombardía. A unión das xogadoras é o que nos conduce cara ao éxito en cada encontro e, desde o club, se deposita unha confianza total nelas.

As 15 xogadoras do Valdetires F.S.F. conforman un equipo de xente nova e de calidade, capaz de facer vibrar á afección con cada partido de fútbol sala en Ferrol e en campos rivales. Os seus logros son tamén da afección que segue o fútbol sala feminino en Ferrol e iso foi o que levou ao club a conformar unha gran familia unida pola paixón polo fútbol sala feminino.

Coñece ás xogadoras

RIO MATSUKI 4 Ago

RIO MATSUKI

04/08/2026 Equipo
 Dende Xapón ata Ferrol, Rio Matsuki chega para sumarse ao noso proxecto e afrontar un novo reto defendendo as cores do Valdetires Ferrol. O seu perfil e talento encaixan á perfección coa nosa forma de entender este deporte. Estamos convencidos de que xuntas viviremos unha gran tempada e loitaremos por cumprir os nosos obxectivos. Benvida á túa nova casa, Rio
TERE 2 Ago

TERE

02/08/2026 Equipo
Temos Tere para rato! A nosa número 14 continuará defendendo as cores do Valdetires Ferrol unha tempada máis. A súa garra, intensidade e entrega fan dela unha xogadora que nunca baixa os brazos e que o dá todo por este escudo en cada minuto sobre a pista. Moi felices de seguir contando contigo. VAMOS VERDES!
SHEYLA RIVERA - GARDAMETA - 24 Xul

SHEYLA RIVERA - GARDAMETA -

24/07/2026 Equipo
A nosa portería segue mirando ao futuro. Dámoslle a benvida a Sheyla Rivera, gardameta procedente do Lago Sport, club co que o Valdetires Ferrol mantén un acordo de filialidade. Sheyla xa sabe o que é defender as nosas cores tras dispoñer de minutos coa primeira plantilla a pasada tempada, e este ano dá un paso máis incorporándose de cheo ao noso proxecto. Benvida á túa casa. VAMOS VERDES! ??
MANU LOMBARDIA   -  ADESTRADOR- 24 Xul

MANU LOMBARDIA - ADESTRADOR-

24/07/2026 Equipo
 Un ano máis, o noso proxecto seguirá tendo a Manuel Lombardía aos mandos do temón. O seu traballo, dedicación e compromiso foron fundamentais para seguir facendo medrar ao Valdetires Ferrol, e estamos moi felices de continuar este camiño xuntos unha tempada máis. Con Manu no banco sabemos que seguiremos competindo coa máxima ilusión e ambición. VAMOS VERDES! 
SUZAN BEZERRA    - GARDAMETA- 24 Xul

SUZAN BEZERRA - GARDAMETA-

24/07/2026 Equipo
 Un muro máis para a nosa portería. A experiencia, a seguridade e a ambición de Suzan Bezerra únense ao noso proxecto para afrontar unha nova tempada chea de ilusión.  Ao longo da súa traxectoria conquistou títulos en Brasil e España, foi recoñecida en varias ocasións como unha das mellores gardametas das competicións nas que participou e chega a Valdetires despois de seguir sumando éxitos nas últimas campañas. Estamos convencidos de que o teu talento e a túa personalidade farán medrar ao equipo dende o primeiro día. Benvida á túa nova casa. VAMOS VERDES! 
LUIS LÓPEZ     - PREPARADOR FÍSICO - 24 Xul

LUIS LÓPEZ - PREPARADOR FÍSICO -

24/07/2026 Equipo
 Se algo funciona, non hai por que cambialo. Hai persoas cuxo traballo non sempre se ve durante os partidos, pero que son imprescindibles para que todo funcione. Luis López seguirá un ano máis formando parte do noso corpo técnico como preparador físico, achegando a súa profesionalidade e coidando de que o equipo dea sempre a súa mellor versión. É unha ledicia seguir contando contigo nesta familia. Imos por outra tempada xuntos. 
MALE PELLEGRINO  24 Xul

MALE PELLEGRINO

24/07/2026 Equipo
 Despois de toda unha vida ligada ao Meigas FS, unha nova historia comeza. Male Pellegrino decide apostar polo noso proxecto e chega a Valdetires Ferrol para afrontar esta nova etapa defendendo a nosa camiseta. Moitas ganas de verte desfrutar connosco e de achegar todo o teu talento nesta casa. Benvida ao Valdetires, Male! 
MARIÑA CASTRO 24 Xul

MARIÑA CASTRO

24/07/2026 Equipo
 Unha das promesas do noso deporte faise realidade e chega a Valdetires Ferrol para afrontar unha nova etapa na súa carreira. Mariña chega á nosa casa con moitas ganas de seguir medrando e achegar todo o seu talento ao equipo. Esperamos que os teus éxitos sexan os nosos. Benvida ao Valdetires, Mariña! 
DANY DOMINGOS  24 Xul

DANY DOMINGOS

24/07/2026 Equipo
Internacional absoluta con España, campioa de Europa e posuidora dun dos palmarés máis destacados do noso deporte, con máis de 20 títulos ás súas costas, chega ao noso club para afrontar unha nova etapa na súa carreira. Despois de máis de vinte anos competindo ao máximo nivel, Dany inicia unha nova etapa no Valdetires Ferrol, onde achegará toda a experiencia acumulada ao longo dunha carreira inigualable. Grazas por confiar no noso proxecto. Benvida á túa nova casa 
MARIA LENCE 24 Xul

MARIA LENCE "MERY"

24/07/2026 Equipo
Mery Lence continuará unha tempada máis defendendo o noso escudo. Sempre é un gusto poder contar cunha xogadora como ela dentro deste proxecto. Unha peza importante que seguirá formando parte da familia verde durante a próxima campaña. A seguir desfrutando xuntas, Mery!  VAMOS VERDES!
VALERIA MONTERO 24 Xul

VALERIA MONTERO

24/07/2026 Equipo
Valeria Montero continuará defendendo noso escudo unha tempada máis. A xoven xogadora afronta a súa segunda campaña como verde, formando parte deste novo de este proxecto. Seguimos contando con Valeria para unha nova tempada chea de traballo, ilusión e momentos por compartir. ¡A seguir desfrutando xuntas, Valeria!  VAMOS VERDES!
IRIA SANTOS 24 Xul

IRIA SANTOS

24/07/2026 Equipo
Segundo ano de Iria Santos defendendo esta camiseta. Hai xogadoras que deixan pegada dentro da pista, pero tamén fóra dela. Iria seguirá formando parte do noso camiño unha tempada máis, aportando enerxía, calidade e esa maneira de vivir o fútbol sala que tanto nos representa. Seguimos contando contigo para escribir novas páxinas desta historia. Que veña outro ano cheo de bos momentos.  VAMOS VERDES!!!
IRENE CELA 24 Xul

IRENE CELA

24/07/2026 Equipo
Segundo ano de Irene Cela defendendo a camiseta do Valdetires FSF. Tras unha gran campaña, seguimos contando cunha xogadora que representa perfectamente os valores do club: entrega, calidade e ilusión por seguir dando o mellor cada día. Estamos moi felices de continuar xuntos nesta nova tempada e esperamos que Irene siga coa mesma ilusión e coa fame de conseguir moito máis.  Vamos verdes.
CAROL SENRA 24 Xul

CAROL SENRA

24/07/2026 Equipo
Hai regresos que teñen algo especial. E este é un deles. Carol senra volverá vestir a camiseta do Valdetires FSF na tempada 26/27 tras media tempada fóra de Galicia. Un regreso que nos enche de ilusión e que supón recuperar a unha xogadora que coñece perfectamente o club, os seus valores e o que significa defender estas cores. Estamos moi felices de volver contar contigo nesta nova etapa. Benvida á túa casa, Carol. Sempre verdes.

Apoia ao equipo en Ferrol

Se queres apoiar ao noso equipo de fútbol sala feminino en Ferrol, faite socio do Valdetires F.S.F. para non perderte ningún partido na casa. O carné é gratis para os nenos de 0 a 10 anos, para os aficionados junior (ata os 15 anos) ten un custe de 15 € e para os adultos custa 30 €. Únete a esta gran familia!

Faite socio