Noticias do Valdetires F.S.F.

Non te perdas ningunha novidade

Segue toda a información relacionada co Valdetires F.S.F., o teu equipo de fútbol sala feminino en Ferrol.

RIO MATSUKI 4 Ago

RIO MATSUKI

04/08/2026 Equipo

 Dende Xapón ata Ferrol, Rio Matsuki chega para sumarse ao noso proxecto e afrontar un novo reto defendendo as cores do Valdetires Ferrol. O seu perfil e talento encaixan á perfección coa nosa forma de entender este deporte. Estamos convencidos de que xuntas viviremos unha gran tempada e loitaremos por cumprir os nosos obxectivos. Benvida á túa nova casa, Rio

Ler máis

SEMPRE VERDES 4 Ago

SEMPRE VERDES

04/08/2026 Novas

Hoxe toca despedir a tres xogadoras que deixaron unha pegada moi especial neste club. Grazas a Patri Corral, Ana López e Natali Mytrofanska por defender este escudo, por cada adestramento, cada partido e por formar parte da historia do Valdetires FSF. Máis alá dos minutos na pista, quedámonos coas vivencias e con todo o que aportastes durante estas tempadas. Moitas grazas por todo.

Ler máis

SEMPRE VERDES 4 Ago

SEMPRE VERDES

04/08/2026 Novas

Hoxe despedimos a Leti Rojo, Laura Fernández, Paula Alonso e Giselle Tais, catro xogadoras que defenderon este escudo con compromiso, esforzo e orgullo durante a súa etapa no Valdetires Ferrol. Queremos agradecerlles todo o traballo, a dedicación e os momentos compartidos defendendo as nosas cores. Sempre formaredes parte da familia verde e esta sempre será a vosa casa. Desexámosvos toda a sorte nesta nova etapa. Oxalá os vosos camiños estean cheos de éxitos, tanto dentro como fóra da pista. ...

Ler máis

TERE 2 Ago

TERE

02/08/2026 Equipo

Temos Tere para rato! A nosa número 14 continuará defendendo as cores do Valdetires Ferrol unha tempada máis. A súa garra, intensidade e entrega fan dela unha xogadora que nunca baixa os brazos e que o dá todo por este escudo en cada minuto sobre a pista. Moi felices de seguir contando contigo. VAMOS VERDES!

Ler máis

Valdetires Ferrol fsf e Lago Sport RENOVAN A SÚA FILIALIDADE 24 Xul

Valdetires Ferrol fsf e Lago Sport RENOVAN A SÚA FILIALIDADE

24/07/2026 Novas

???? ¡SEGUIMOS MEDRANDO XUNTOS! ???? ???? O valdetires Ferrol fsf e o Lago Sport renovan a sinatura do convenio de filialidade iniciado a pasada tempada co obxectivo de impulsar o fútbol sala feminino na comarca. Este acordo é unha clara aposta pola formación de talento local, a mellora da estrutura dos clubs e a visibilidade do noso deporte na contorna. Dende a perspectiva do noso club, este convenio fixo posible que 3 xogadoras do noso equipo lograsen facer o seu debut oficial en 2ª Divisió...

Ler máis