25 Ago ÚNETE O NOSO FILIAL 25/08/2026 Novas Buscamos novas xogadoras para formar parte do filial na próxima tempada. Se tes máis de 14 anos e queres medrar, aprender e competir nun club con historia e ganas de seguir construíndo futuro, esta é a túa oportunidade. Ven coñecer o noso proxecto e forma parte da familia verde. ?? ?? 630 184 008?? 607 609 671 Ler máis
25 Ago CAPITULO 44 DE ESTA HISTORIA 25/08/2026 Novas Comeza unha nova tempada e facémolo poñendo os primeiros alicerces do que queremos construír xuntos. A xornada de volta ao traballo comezou no Hotel Crisol Almirante, coa presentación do equipo e a posta en común dos obxectivos para esta nova tempada. A continuación, José Antonio López (@josealopeznutricion) realizou a análise nutricional das xogadoras, avaliando o seu estado, os diferentes parámetros e establecendo os primeiros obxectivos físicos da pretempada. E despois, tocou volver á pist... Ler máis
25 Ago MARA FIALLEGA 25/08/2026 Equipo NOVA PEZA PARA O NOSO PROXECTO Mara Fiallega chega ao Valdetires Ferrol procedente do REYCO Burela para sumar talento, ilusión e moitas ganas nesta nova etapa. A ala lucirá de verde e xa está preparada para afrontar este novo reto con nós. Benvida á familia verde, Mara! Ler máis
25 Ago JUANJO - CT 25/08/2026 Equipo Un ano máis, seguimos contando con persoas que son parte importante do noso día a día. Juanjo Lojo continúa unha tempada máis no Valdetires como adestrador de porteiras e auxiliar de material. Un gran profesional e, sobre todo, unha gran persoa coa que estamos encantados de seguir compartindo camiño. Grazas por seguir con nós, Juanjo. Seguimos! Ler máis
25 Ago José Antonio López - NUTRICIÓN 25/08/2026 Equipo Chega unha nova peza ao noso proxecto para coidar un aspecto fundamental: a nutrición. José Antonio López incorpórase ao Valdetires Ferrol para poñer toda a súa experiencia e paixón pola nutrición ao servizo do equipo, coa convicción de que alimentación e preparación física deben ir sempre da man. A súa meta nesta nova tempada é clara: conseguir a mellor versión de cada xogadora. Benvido á familia verde, José Antonio! https://www.josealopeznutricion.com/?utm_source=ig&utm_medium=soci... Ler máis
4 Ago RIO MATSUKI 04/08/2026 Equipo Dende Xapón ata Ferrol, Rio Matsuki chega para sumarse ao noso proxecto e afrontar un novo reto defendendo as cores do Valdetires Ferrol. O seu perfil e talento encaixan á perfección coa nosa forma de entender este deporte. Estamos convencidos de que xuntas viviremos unha gran tempada e loitaremos por cumprir os nosos obxectivos. Benvida á túa nova casa, Rio Ler máis