Noticias do Valdetires F.S.F.

Novas

Aquí podes atopar todas as novas do clube,(resultados, horarios dos encontros, etc..)

ÚNETE O NOSO FILIAL 25 Ago

ÚNETE O NOSO FILIAL

25/08/2026

Buscamos novas xogadoras para formar parte do filial na próxima tempada. Se tes máis de 14 anos e queres medrar, aprender e competir nun club con historia e ganas de seguir construíndo futuro, esta é a túa oportunidade. Ven coñecer o noso proxecto e forma parte da familia verde. ?? ?? 630 184 008?? 607 609 671

Ler máis

CAPITULO 44 DE ESTA HISTORIA 25 Ago

CAPITULO 44 DE ESTA HISTORIA

25/08/2026

Comeza unha nova tempada e facémolo poñendo os primeiros alicerces do que queremos construír xuntos. A xornada de volta ao traballo comezou no Hotel Crisol Almirante, coa presentación do equipo e a posta en común dos obxectivos para esta nova tempada. A continuación, José Antonio López (@josealopeznutricion) realizou a análise nutricional das xogadoras, avaliando o seu estado, os diferentes parámetros e establecendo os primeiros obxectivos físicos da pretempada. E despois, tocou volver á pist...

Ler máis

SEMPRE VERDES 4 Ago

SEMPRE VERDES

04/08/2026

Hoxe toca despedir a tres xogadoras que deixaron unha pegada moi especial neste club. Grazas a Patri Corral, Ana López e Natali Mytrofanska por defender este escudo, por cada adestramento, cada partido e por formar parte da historia do Valdetires FSF. Máis alá dos minutos na pista, quedámonos coas vivencias e con todo o que aportastes durante estas tempadas. Moitas grazas por todo.

Ler máis

SEMPRE VERDES 4 Ago

SEMPRE VERDES

04/08/2026

Hoxe despedimos a Leti Rojo, Laura Fernández, Paula Alonso e Giselle Tais, catro xogadoras que defenderon este escudo con compromiso, esforzo e orgullo durante a súa etapa no Valdetires Ferrol. Queremos agradecerlles todo o traballo, a dedicación e os momentos compartidos defendendo as nosas cores. Sempre formaredes parte da familia verde e esta sempre será a vosa casa. Desexámosvos toda a sorte nesta nova etapa. Oxalá os vosos camiños estean cheos de éxitos, tanto dentro como fóra da pista. ...

Ler máis

Valdetires Ferrol fsf e Lago Sport RENOVAN A SÚA FILIALIDADE 24 Xul

Valdetires Ferrol fsf e Lago Sport RENOVAN A SÚA FILIALIDADE

24/07/2026

???? ¡SEGUIMOS MEDRANDO XUNTOS! ???? ???? O valdetires Ferrol fsf e o Lago Sport renovan a sinatura do convenio de filialidade iniciado a pasada tempada co obxectivo de impulsar o fútbol sala feminino na comarca. Este acordo é unha clara aposta pola formación de talento local, a mellora da estrutura dos clubs e a visibilidade do noso deporte na contorna. Dende a perspectiva do noso club, este convenio fixo posible que 3 xogadoras do noso equipo lograsen facer o seu debut oficial en 2ª Divisió...

Ler máis