24 Xul Valdetires Ferrol fsf e Lago Sport RENOVAN A SÚA FILIALIDADE 24/07/2026 Novas ???? ¡SEGUIMOS MEDRANDO XUNTOS! ???? ???? O valdetires Ferrol fsf e o Lago Sport renovan a sinatura do convenio de filialidade iniciado a pasada tempada co obxectivo de impulsar o fútbol sala feminino na comarca. Este acordo é unha clara aposta pola formación de talento local, a mellora da estrutura dos clubs e a visibilidade do noso deporte na contorna. Dende a perspectiva do noso club, este convenio fixo posible que 3 xogadoras do noso equipo lograsen facer o seu debut oficial en 2ª Divisió... Ler máis
24 Xul SHEYLA RIVERA - GARDAMETA - 24/07/2026 Equipo A nosa portería segue mirando ao futuro. Dámoslle a benvida a Sheyla Rivera, gardameta procedente do Lago Sport, club co que o Valdetires Ferrol mantén un acordo de filialidade. Sheyla xa sabe o que é defender as nosas cores tras dispoñer de minutos coa primeira plantilla a pasada tempada, e este ano dá un paso máis incorporándose de cheo ao noso proxecto. Benvida á túa casa. VAMOS VERDES! ?? Ler máis
24 Xul MANU LOMBARDIA - ADESTRADOR- 24/07/2026 Equipo Un ano máis, o noso proxecto seguirá tendo a Manuel Lombardía aos mandos do temón. O seu traballo, dedicación e compromiso foron fundamentais para seguir facendo medrar ao Valdetires Ferrol, e estamos moi felices de continuar este camiño xuntos unha tempada máis. Con Manu no banco sabemos que seguiremos competindo coa máxima ilusión e ambición. VAMOS VERDES! Ler máis
24 Xul SUZAN BEZERRA - GARDAMETA- 24/07/2026 Equipo Un muro máis para a nosa portería. A experiencia, a seguridade e a ambición de Suzan Bezerra únense ao noso proxecto para afrontar unha nova tempada chea de ilusión. Ao longo da súa traxectoria conquistou títulos en Brasil e España, foi recoñecida en varias ocasións como unha das mellores gardametas das competicións nas que participou e chega a Valdetires despois de seguir sumando éxitos nas últimas campañas. Estamos convencidos de que o teu talento e a túa personalidade farán medrar ao equ... Ler máis
24 Xul LUIS LÓPEZ - PREPARADOR FÍSICO - 24/07/2026 Equipo Se algo funciona, non hai por que cambialo. Hai persoas cuxo traballo non sempre se ve durante os partidos, pero que son imprescindibles para que todo funcione. Luis López seguirá un ano máis formando parte do noso corpo técnico como preparador físico, achegando a súa profesionalidade e coidando de que o equipo dea sempre a súa mellor versión. É unha ledicia seguir contando contigo nesta familia. Imos por outra tempada xuntos. Ler máis
24 Xul MALE PELLEGRINO 24/07/2026 Equipo Despois de toda unha vida ligada ao Meigas FS, unha nova historia comeza. Male Pellegrino decide apostar polo noso proxecto e chega a Valdetires Ferrol para afrontar esta nova etapa defendendo a nosa camiseta. Moitas ganas de verte desfrutar connosco e de achegar todo o teu talento nesta casa. Benvida ao Valdetires, Male! Ler máis