Despois de toda unha vida ligada ao Meigas FS, unha nova historia comeza.
Male Pellegrino decide apostar polo noso proxecto e chega a Valdetires Ferrol para afrontar esta nova etapa defendendo a nosa camiseta.
Moitas ganas de verte desfrutar connosco e de achegar todo o teu talento nesta casa.
Benvida ao Valdetires, Male!