Fútbol sala feminino en Ferrol desde 1983

Fútbol sala feminino en Ferrol desde 1983

No Valdetires F.S.F. levamos máis de 40 anos crendo no fútbol sala. Imos verdes!

Coñece ao equipo

Segunda División feminina de fútbol sala

Benvidos ao Club Valdetires Ferrol F.S.F., o mellor lugar para compartir a paixón polo deporte e o fútbol sala feminino en Ferrol. Somos un club deportivo local fundado no ano 1983 que, máis de 40 anos despois, segue crendo na unión da afección e do equipo para alcanzar un obxectivo común. Na tempada 2024/2025 o noso equipo sénior xoga na Segunda División nacional de fútbol sala feminino. Tamén contamos cun equipo filial que disputa a 1.ª Liga Autonómica feminina de fútbol sala. Somos o club español de fútbol sala feminino que leva permanecido máis tempadas consecutivas en Primeira División.

Coñece a nosa casa no pavillón municipal de Esteiro, cunhas instalacións con capacidade para 300 persoas, ampliable a 500 persoas coa habilitación de bancadas supletorias. Hai sitio para todos! Únete á familia do Valdetires F.S.F. e desfruta do mellor do fútbol sala feminino en Ferrol. Imos verdes!

Segunda División feminina de fútbol sala

Moito máis que un club de fútbol sala en Ferrol

Feminino

No Valdetires F.S.F. estamos comprometidos coa igualdade no deporte, xa que, coa nosa actividade, promovemos o apoderamento feminino a través do fútbol sala en Ferrol.

Historia

O noso club naceu na tempada 1983/1984. Actualmente contamos con máis de 40 anos de historia, sendo un dos decanos do fútbol sala feminino en Ferrol e a nivel nacional.

Valores

Un dos nosos obxectivos é transmitir os valores do club tanto ao equipo como á afección. A importancia do sacrificio, o respecto ao rival e a humildade son algúns de eles.

Adéntrate no fútbol sala feminino co Valdetires

Escola deportiva

Desde a nosa escola deportiva tamén formamos ás novas xeracións de fútbol sala en Ferrol. Ademais de adentrar aos máis pequenos e pequenas na base do fútbol sala, comprometémonos cunha educación e formación en valores. Únete á nosa filosofía de aprender xogando!

Abonados 24/25

Se queres compartir a túa paixón polo fútbol sala feminino en Ferrol e formar parte da familia do Valdetires F.S.F., faite socio. O carné é gratis para os nenos de 0 a 10 anos. O prezo é de 15 € para os afeccionados junior (ata os 15 anos) e de 30 € para os adultos. A que esperas?

Coñece ao noso equipo filial

Segue todas as nosas novidades

Facebook Instagram

Segue todas as nosas novidades

Máis de 40 anos de fútbol sala feminino en Ferrol

Tras o noso primeiro trofeo oficial en 1986, no palmarés do club destacan algúns outros trofeos como Copa de la Reina (1990/1991), Copa Ibérica (1991/1992), Campeonato de España de Clubes (2006/2007), campioas da liga de Segunda División Feminina do Grupo I (2012/2013) e subcampionatos da liga na División de Honor Feminina, na Segunda División Feminina Grupo I e na Copa de la Reina.

Coñece ao equipo