25 Ago MARA FIALLEGA 25/08/2026 NOVA PEZA PARA O NOSO PROXECTO Mara Fiallega chega ao Valdetires Ferrol procedente do REYCO Burela para sumar talento, ilusión e moitas ganas nesta nova etapa. A ala lucirá de verde e xa está preparada para afrontar este novo reto con nós. Benvida á familia verde, Mara! Ler máis
25 Ago JUANJO - CT 25/08/2026 Un ano máis, seguimos contando con persoas que son parte importante do noso día a día. Juanjo Lojo continúa unha tempada máis no Valdetires como adestrador de porteiras e auxiliar de material. Un gran profesional e, sobre todo, unha gran persoa coa que estamos encantados de seguir compartindo camiño. Grazas por seguir con nós, Juanjo. Seguimos! Ler máis
25 Ago José Antonio López - NUTRICIÓN 25/08/2026 Chega unha nova peza ao noso proxecto para coidar un aspecto fundamental: a nutrición. José Antonio López incorpórase ao Valdetires Ferrol para poñer toda a súa experiencia e paixón pola nutrición ao servizo do equipo, coa convicción de que alimentación e preparación física deben ir sempre da man. A súa meta nesta nova tempada é clara: conseguir a mellor versión de cada xogadora. Benvido á familia verde, José Antonio! https://www.josealopeznutricion.com/?utm_source=ig&utm_medium=soci... Ler máis
4 Ago RIO MATSUKI 04/08/2026 Dende Xapón ata Ferrol, Rio Matsuki chega para sumarse ao noso proxecto e afrontar un novo reto defendendo as cores do Valdetires Ferrol. O seu perfil e talento encaixan á perfección coa nosa forma de entender este deporte. Estamos convencidos de que xuntas viviremos unha gran tempada e loitaremos por cumprir os nosos obxectivos. Benvida á túa nova casa, Rio Ler máis
2 Ago TERE 02/08/2026 Temos Tere para rato! A nosa número 14 continuará defendendo as cores do Valdetires Ferrol unha tempada máis. A súa garra, intensidade e entrega fan dela unha xogadora que nunca baixa os brazos e que o dá todo por este escudo en cada minuto sobre a pista. Moi felices de seguir contando contigo. VAMOS VERDES! Ler máis
24 Xul SHEYLA RIVERA - GARDAMETA - 24/07/2026 A nosa portería segue mirando ao futuro. Dámoslle a benvida a Sheyla Rivera, gardameta procedente do Lago Sport, club co que o Valdetires Ferrol mantén un acordo de filialidade. Sheyla xa sabe o que é defender as nosas cores tras dispoñer de minutos coa primeira plantilla a pasada tempada, e este ano dá un paso máis incorporándose de cheo ao noso proxecto. Benvida á túa casa. VAMOS VERDES! ?? Ler máis