Noticias do Valdetires F.S.F.

Non te perdas ningunha novidade - Páxina 4

Segue toda a información relacionada co Valdetires F.S.F., o teu equipo de fútbol sala feminino en Ferrol.

MARIA LENCE "MERY" 24 Xul

MARIA LENCE "MERY"

24/07/2026 Equipo

Mery Lence continuará unha tempada máis defendendo o noso escudo. Sempre é un gusto poder contar cunha xogadora como ela dentro deste proxecto. Unha peza importante que seguirá formando parte da familia verde durante a próxima campaña. A seguir desfrutando xuntas, Mery!  VAMOS VERDES!

Ler máis

VALERIA MONTERO 24 Xul

VALERIA MONTERO

24/07/2026 Equipo

Valeria Montero continuará defendendo noso escudo unha tempada máis. A xoven xogadora afronta a súa segunda campaña como verde, formando parte deste novo de este proxecto. Seguimos contando con Valeria para unha nova tempada chea de traballo, ilusión e momentos por compartir. ¡A seguir desfrutando xuntas, Valeria!  VAMOS VERDES!

Ler máis

IRIA SANTOS 24 Xul

IRIA SANTOS

24/07/2026 Equipo

Segundo ano de Iria Santos defendendo esta camiseta. Hai xogadoras que deixan pegada dentro da pista, pero tamén fóra dela. Iria seguirá formando parte do noso camiño unha tempada máis, aportando enerxía, calidade e esa maneira de vivir o fútbol sala que tanto nos representa. Seguimos contando contigo para escribir novas páxinas desta historia. Que veña outro ano cheo de bos momentos.  VAMOS VERDES!!!

Ler máis

IRENE CELA 24 Xul

IRENE CELA

24/07/2026 Equipo

Segundo ano de Irene Cela defendendo a camiseta do Valdetires FSF. Tras unha gran campaña, seguimos contando cunha xogadora que representa perfectamente os valores do club: entrega, calidade e ilusión por seguir dando o mellor cada día. Estamos moi felices de continuar xuntos nesta nova tempada e esperamos que Irene siga coa mesma ilusión e coa fame de conseguir moito máis.  Vamos verdes.

Ler máis

CAROL SENRA 24 Xul

CAROL SENRA

24/07/2026 Equipo

Hai regresos que teñen algo especial. E este é un deles. Carol senra volverá vestir a camiseta do Valdetires FSF na tempada 26/27 tras media tempada fóra de Galicia. Un regreso que nos enche de ilusión e que supón recuperar a unha xogadora que coñece perfectamente o club, os seus valores e o que significa defender estas cores. Estamos moi felices de volver contar contigo nesta nova etapa. Benvida á túa casa, Carol. Sempre verdes.

Ler máis

Renovamos a confianza en Novecero 12 Nov

Renovamos a confianza en Novecero

12/11/2025 Novas

Seguimos sumando talento á familia verde  Tras un ano da man de Carlos, damos un paso máis e renovamos a confianza en Novecero, a axencia formada por Carlos e Álvaro, que unen forzas para seguir elevando a nosa marca. Os responsables das RRSS, do deseño das equipacións e de todo o que dá forma á identidade visual do Valdetires FSF. Xuntos, seguirán dando vida a cada publicación e apoiando ao noso equipo. ¡Imos Verdes e imos Novecero! 

Ler máis